
"Muller, de alma inqueda, cultivada e de corpo espectacular busca alma xemelga para alcanzar contactos doutra dimensión. Xentes de pouco voo, absterse”.
Ela é unha personaxe. Nótase, vese. Unha personaxe que se move nun espazo de ficción, que en principio non nos remite a ningún sitio en particular. Tampouco podemos precisar un tempo histórico no que a acción sucede... É claro, isto é puro teatro (e coidado que non estou a dicir Teatro puro!!) Puro teatro. E con todo, Canta relación con iso que chamamos "realidade"...

Despois de anos e anos traballando pola autosuficiencia, Ela descobre que precisa unha alma xemelga. Satisfacer este desexo parece, en principio, algo sinxelo pero a situación complicarase cada vez máis se esa alma xemelga non aparece. O diálogo constante coa súa propia alma (¿?) descóbrenos unha personaxe densa e desdobrada que para atopar ese “algo superior” non escatima en recursos: animais, homes, mulleres, nenos.. Un anuncio no xornal que lle dará a ilusión dun amor e esta soidade que nos esta matando...
Dramaturxia e interpretación: María Angeles Iglesias, Música orixinal: Tato López, Deseño do movemento: Xus Raindo, Direción: Carlos Neira Estrea: Salón Teatro (Compostela)

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.