QUÉN SOMOS?

Somos María Angeles Iglesias (actriz-dramaturga) e Tato López (músico). 
O ano 2011 atopounos en Santiago de Compostela con moitas ganas de crear e decidimos dar forma a VERDEVERAS EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS
Cremos na arte como ferramenta para ver (como dicía Galeano) con todos os sentidos (agregamos nós) e por iso embarcámonos xuntos no oficio de facer Teatro tendendo a man a outras linguaxes artísticas como á música, á danza e as artes plásticas. 
Ás veces, tomamos aire e temos a sorte inmensa de que outros artistas queiran contar connosco nas súas creacións.  Entón, tamén mergullámonos con ilusión noutras propostas para medrar xunt@s.

Neste momento estamos a preparar a nosa nova peza en Coprodución co Centro Dramático Galego:

"CRÓNICA DUNHA HETEROSEXUAL INSATISFEITA"
Estrea: 18-19 de abril 2020
Salón Teatro Santiago de Compostela


"Tacóns Na Corda” (2011) a nosa primeira creación foi seleccionada dende o comezo pola Rede Cultural da Deputación de A Coruña e polos Cim´s. É recoñecida por abordar con humor cuestións de xénero, reflexionar sobre estereotipos e prexuízos, e combinar música con teatro.
Para a realización de "Desalmad@s" (2014), contamos co apoio e a colaboración de figuras recoñecidas dentro do teatro galego como Carlos Neira (dirección), Xus Raíndo (movemento). A estrea desta obra no Salón Teatro de Santiago de Compostela, supuso un recoñecemento ao traballo e un estímulo para seguir creando. 
En decembro do 2016 estreamos "Un lugar chamado mundo" (Facebook) obra de teatro infantil musical que recupera a regueifa como parte do patrimonio tradicional galego, traballa sobre o xénero, a multiculturalidade, as diversas visións do mundo e o coidado do medioambiente. Con este mesmo fío condutor, ofrecemos un conto musical/concerto didáctico adaptable a distintos espazos e idades.
Na actualidade estamos a dar forma a "Crónica  dunha heterosexual insatisfeita" en Coprodución co Centro Dramático Gallego.


Podes atopar máis detalles dos nosos espectáculos na lapela correspondente. 
Por favor, non dubides en contactarnos:
verdeverasea@gmail.com
671 872 453
 






No hay comentarios:

Publicar un comentario