TACÓNS NA CORDA

Un músico na rúa (Tato López) comparte un dos seus xogos favoritos: imaxinar as historias da xente que pasa por diante de él cada dìa. Así, mentres toca a guitarra e canta as súas cancións, observa e pensa qué será da vida de cada unha...Pero, se algo aprendeu desta experiencia é que, polo xeral, nada é o que parece. Como mostra deste descubrimento e entrelazadas coas súas cancións, aparecerán “Maruxa”, “La Otra” e “Chacha” (Marìa Angeles Iglesias). Porque detrás de calquera persoa pode esconderse unha grande historia...

"Maruxa": Tod@s a recoñecemos. Tod@s temos algo dela. Algúns a critican...Pero Quen é Maruxa? Que encerra o mundo desta muller de fogar?
Ela fala por teléfono cunha veciña e ao escoitar esta parte da conversa esmiuzamos a súa vida de ama de casa, atenta a cada detalle, dende a beleza á
limpieza...Seu interese polo sexo, a crítica a sociedade e as súas opinións sobre un marido, a quen ama a pesar de todo...

"La Otra": Quen non formou parte dun triángulo amoroso algunha vez? Quen non coñece alguén que pasase por esa experiencia? Non obstante poucas veces escoitamos a versión de “La Otra” que moito ten que contar da súa historia de amor...Porque como ela mesma di, " despois de todo o amor nunca pode ser pecado"; e coidado, que tampouco se queda ahì a cousa...Él dí que entre as dúas fan a súa "muller ideal"... E se acaso diciden xuntarse e quedar sen él??


"Chacha": Logo de anos de traballo nunha casa, Chacha decide abandonar ese fogar e marchar a vivir a súa propia vida, que todavía lle queda moito por facer...Pero ¿Qué opina ela dos donos de casa? Cómo foi que chegou ata allí?...Con tantas idas e voltas a súa vida podería ser... un Tango!

Letra e música: Tato López
Texto: María Angeles Iglesias
En escena: Tato López - María Angeles Iglesias



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.