UN LUGAR CHAMADO MUNDO

Unha nena como protagonista da historia; palabras do noso idioma para xogar, imaxinar e facer Regueifas; un mundo multicultural cheo de músicas e cancións por descubrir; un planeta que coidar; un vello aviador como compañeiro na viaxe...

"UN LUGAR CHAMADO MUNDO"
(Video do formato conto musical) 

Proxecto cultural integral en distintos formatos, que pretende que @s nen@s poidan facerse preguntas, xerar curiosidade e, neste sentido, motivar para que poidan seguir investigando.

Ponlle TERRA a túa VOZ! Confiamos na mensaxe que transmite “Un lugar chamado mundo” porque ademais de entreter e favorecer o desenvolvemento da imaxinación:

  • Pon en valor a regueifa como parte do patrimonio cultural galego promovendo o bo uso do idioma tamén nas nosas creacións artísticas e/ou lúdicas. (Regueifa: desafío oral improvisado en verso que se facía tradicionalmente nos banquetes das vodas)
  • Estimula o coñecemento das diversas culturas e ritmos do mundo a través dunha viaxe musical desde Galicia a Italia (tarantella), China (conto chinés), Cuba (son) e Senegal (ritmos da terra). Tamén incluímos un rock and roll que fala dos mapas como debuxos e unha Regueifa rap (pola relación entre o rap e a regueifa, como dúas formas de improvisación musical).
  • Pon de manifesto a necesidade de coidar e respectar o planeta e os seus habitantes e traballa sobre as distintas visións do mundo.
  • Axuda a re pensar cuestións de xénero: a regueifa na súa orixe era un espazo masculino

Músicas e letras orixinais. Inclúe Regueifa Rap, Planeta Terra, Un lugar chamado mundo e moitas máis...

Entra nas seguintes ligazóns para coñecer as opinións sobre "Un lugar chamado mundo"

CEIP de Maceda 
CEIP Souto Donas (Gondomar) 

Pode preguntar por nós en:

Xardín da Infancia Raiola. Contacto: Prof. Rita 

Ou en calquera dos sitios onde xa estivemos...
 

MUSEO DO POBO GALEGO


     "UN LUGAR CHAMADO MUNDO" ten  distintos formatos. Consúltenos para decidir xuntos cál é a mellor opción: 671 872 453



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.